Descripción
Trátase dunha guitarra pequena de escala curta, de 24 polgadas. Corpos macizos ou semi-ocos, que teñen como peculiaridade que son extraídos do baleirado que se realiza para facer os aros do corpo do modelo Maruxa, minimizando desta maneira o desperdicio de material.
O mastro ten un perfil traseiro lixeiramente asimétrico para mellorar a ergonomía e manexo e 21 trastes.
Puente de graftech, tipo wraparound sen cordal. Caravillas de distintos tipos, sempre buscando a lixeireza para evitar o cabeceo da pa.
Golpeadores de aceiro inoxidable, acetato, madeira, fibra de carbono ou coiro.
Control de ton e volume, selector de 3 posicións. Guitarra versátil e multiusos, especialmente para blues e rock. Moi cómoda, sinxela e eficaz.
Modelo Catuxa24 Caoba:
- Mastro de caoba, perfil traseiro asimétrico
- Diapasón e sobretapa de palosanto indio.
- Escala de 24″
- Radio composto 10” a 14″
- Trastes medium jumbo
- Corpo macizo de dúas pezas de caoba.
- Sobretapa traseira de ébano de Macasar.
- Caravillas micro Gotoh.
- Ponte ABM wraparound.
- Pastillas P-90 B&B con tapa metálica.
- Golpeador de aceiro inoxidable.
- Controles de ton, volume e selector de tres posicións.
- Acabado ao aceite.
- Peso 3200g.