
Carlos Sabrafén
Comecei neste mundo cando me regalaron unha guitarra e a desmontei enteira, volvina armar e empecei a facerlle perrerías. Iso sería cando tiña uns 17 anos. Despois fun buscando información en libros e dando o coñazo a outros luthiers maiores para que me ensinasen, visitando talleres… e ao final logrei entrar a traballar por momentos con algúns luthiers. En 1981 contratáronme nun local que era estudo, tenda e taller, e alí estiven 2 anos; despois diso montei o meu primeiro taller, e a partir de entón traballei de maneira independente. O primeiro taller monteino na casa, e en 1991 abrino por primeira vez ao público.
Desde entón tiven cinco talleres, contando este no que estamos agora, na nave situada na N-525 en As Cruces, no coñecido concello de Allariz, na provincia de Ourense.
Que facemos
Tarifa Plana de Mantemento de Instrumentos
Por 50 € ao ano, agora podes contratar o noso servizo de mantemento ‘Tarifa plana’, co que poderás gozar dos traballos necesarios...
Learn moreFabricación
Fabricamos artesanalmente baixos e guitarras por encarga. Traballamos cos mellores materiais e as mellores marcas de ferraxes dispoñibles no...
Learn moreDeseño
Deseñamos o instrumento que precisas, o que buscas ou imaxinas. Co noso asesoramiento e segundo as túas especificacións. Número de cordas...
Learn more