Descripción
Trátase dunha guitarra pequena de escala curta, de 24 polgadas. Corpos macizos ou semi-ocos, que teñen como peculiaridade que son extraídos do baleirado que se realiza para facer os aros do corpo do modelo Maruxa, minimizando desta maneira o desperdicio de material.
O mastro ten un perfil traseiro lixeiramente asimétrico para mellorar a ergonomía e manexo e 21 trastes.
Puente de graftech, tipo wraparound sen cordal. Caravillas de distintos tipos, sempre buscando a lixeireza para evitar o cabeceo da pa.
Golpeadores de aceiro inoxidable, acetato, madeira, fibra de carbono ou coiro.
Control de ton e volume, selector de 3 posicións. Guitarra versátil e multiusos, especialmente para blues e rock. Moi cómoda, sinxela e eficaz.
Modelo Catuxa24 Río:
- Mastro de caoba, perfil traseiro asimétrico.
- Diapasón de ébano de Gabón
- Escala 24″
- Trastes composto jumbo.
- Radio composto 10” a 14″
- Corpo de caoba alixeirado con cámaras de resonancia.
- Tapa de caoba e palosanto de Río.
- Pastillas P-90 de B&B de tapa metálica.
- Ponte Graftech wraparound.
- Caravillas Klusson.
- Golpeador de acetato branco cru.
- Controles de volume e ton y selector de tres posicións.
- Acabado ao aceite.
- Peso 3500g.