Tarifa Plana de Mantemento de Instrumentos

 Por 50 € ao ano, agora podes contratar o noso servizo de mantemento ‘Tarifa plana’, co que poderás gozar dos traballos necesarios para que os instrumentos que fosen tratados no noso taller se conserven a pleno rendemento.
Bota unha ollada ás condicións e se estás interesado/a ponte en contacto connosco.
Aproveita esta oportunidade!

Contrato de servizo de mantemento de instrumentos ‘Tarifa plana’ de Sabrafén Luthier
Estipulacións

1ª – Sabrafén Luthier, en adiante o obradoiro, comprométese a realizar o mantemento dos instrumentos descritos con anterioridade tantas veces como sexa requirido a ese fin polo/a cliente/a, durante o período de vivencia deste acordo ou de calquera das súas prórrogas.

2ª – Entendemos por mantemento o conxunto de traballos necesarios para procurar que un instrumento que xa foi tratado polo taller se conserve a pleno rendemento e satisfacción do/a cliente/a, o cal exclúe en todo caso os traballos que, a criterio dos técnicos do taller, sexa necesario realizar para emendar deterioracións causadas polo uso continuado ou abuso do instrumento.

3ª – O/A cliente/a debe avisar ao taller polo menos con cinco días de antelación para poder ser citado/a convenientemente, aceptándose un máximo de dous instrumentos por día e cliente/a. Así mesmo, os materiais empregados para o mantemento deberán ser adquiridos polo/a cliente/a no taller, podendo ser anulado o presente acordo en caso contrario.

4ª – O taller cobrará á firma deste contrato unha hora de traballo, segundo a tarifa vixente, por cada instrumento incluído no presente convenio. Con todo, e atendendo ao número de instrumentos contratados, poderá variarse ese importe.

5ª – Este acordo terá unha duración de un ano a contar dende a súa sinatura, podendo ser prorrogado a pedimento do/a cliente/a por igual período unha vez volva satisfacer o importe previsto no punto anterior. De non mediar prórroga, o contrato quedará automaticamente rescindido, cesando as distintas obrigas e dereitos asumidos polas partes contratantes.

6ª – O custo dos servizos e prestacións segundo as condicións anteriormente detalladas é de 50€ / ano.